02/02/2009

Un camiño no teu xardín (2)

A pedra nos camiños nosos queda ben, de marabilla diría eu. Dálle un toque elegante, integrándose perfectamente co medio, de calidade e á vez natural; pero haina que colocar con xeito, haille que buscar o asento, que quede á mesma altura e que diga ben. O que só vela guste , ás veces sen saber moi ben por que, é o máis difícil de lograr. Parece fácil, mais non o é tanto. Probade e veredes que non se trata só de pousar as pedras no chan e encher todo o espazo. Que va! Nin moito menos.
Nos laterais rectos debe ter liñas dereitas; no medio, mellor liñas máis redondas e pezas máis irregulares. Os tamaños das pedras tamén importan e deben combinar. Deben evitarse as liñas ou cortes rectos de cabo a rabo polo medio así coma as liñas ao través; as raias cómpre ilas matando.
A ver ti, con esa cara de espabilación que ti tes, se es quen de atopar unha pedra que non está de todo ben nesta rotonda! A ver que finos sodes. Agardo comentarios vosos.

2 comentários:

  1. Non mo podo crer, ...Eu pensaba que se poñian ao tun, tun, de calquera xeito, con tal de que foran encaixando.....
    De calquera xeito o de facer un xardin e moi complicado, eu teño ganas de ter un roquedo ben feito, e mesmo un pequeno estanque....pero dame pereza

    ResponderExcluir
  2. Ángel, as lousas pódense botar no chan ou colocar con xeito. Evidentemente para a segunda forma hai que mirar máis as pedras e darlle esa graza especial na colocación; mais... ao final paga a pena.
    No referente a facer ou non un xardín, depende de canto che guste e do que perdes de facer por estar a iso; é unha valoración moi persoal. Non só debemos pensar en facelo, senón tamén en mantelo; con todo, eu que sei, tampouco un cadro que che diga algo non é imprescindible nunha parede, mais... a cousa cambia de estar ou non.
    Un saúdo

    ResponderExcluir