29/01/2009

Ourego



Origanum vulgare

Planta rastreira, formando pequenos matos. Esténdese polo terreo, mais non tanto coma para facerse invasora. É de folla perenne.

Existe tamén outra variedade bastate coñecida: a "mejorana" ( Origanum majorana).

Propiedades: Aromático, medicinal e condimentar. Bo desinfectante e conservante. As súas follas e flores en infusión son bos ante resfriados, dor de cabeza, nervios e malestar de estómago. Moi utilizado na actualidade, tanto fresco coma seco, como condimento en pizzas; tamén no prebe, queixos, chourizos...

Solo
: Soltos, ricos e algo alcalinos. Nos nosos terreos, ácidos, vén ben botarlle algo de cal.

Exposición: Sol
É resistente ao frío do inverno.

Poda: Conveniente efectuala despois da floración, aproveitando para secar ou conxelar as partes cortadas para cando faga falta.

Reprodución: Por semente e, aínda mellor, por división de mata

3 comentários:

  1. Pois nada, xa estamos tamen enganchados a tua informacion sobre prantas, e frores, por certo que eu non son demasiado experto, pero a miña muller vaise alegrar proque esta moi interesada.

    ResponderExcluir
  2. Aopedofarelo, alégrome moito de que alguén lle encontre utilidade, aínda que sexa a do outro lado da cama.

    ResponderExcluir
  3. Unha cara bonitiña comeume a planta! Canto tempo tardamos en ver que aí hai un ourego! Dende logo moito tempo despois de explorar a Laura de arriba a abaixo coa nosa ollada. Ben é certo que detrás de esa cara feitiña e expresiva hai unha persoa intelixente, traballadora e ben educada que na foto só se reflicte aos poucos.

    ResponderExcluir