23/12/2008

Traballando en grupo


O camiño empedrado dálle outro aire e valor ao paseo... pero non se fai só.

Primeiro botei man de pedras que xa había arrincadas dentro do recinto. Os mediodías fanse longos e agora traballosos, e, cando non hai axudas... hai que sacrificarse. Máis tarde houbo que arrincar, transportar, retocar as pedras coa maceta e colocar. Non foi traballo en cadea, mais fíxose a cadea completa do traballo.

Plantáronse moitas aromáticas xa existentes no centro; había previsión de uso e estaban aviveiradas. A continuación, pediuse colaboración ao alumnado e familia e completouse a plantación sen ter que, ao remate, mercar ningunha o centro.


Os de sexto marcan




Alumnado de 6º en plena demarcación de espazos por tipo de planta. 9,63 x 2,36 m no interior; 18 espazos de case metro cadrado, para outras tantas especies. Non está mal.
O serrín aínda fai unha última función antes de mesturarse e confundirse coa terra nai.

Primeiros pasos




Primeiro fixo falta readaptar o deseño ao tamaño dos troncos que tiñamos sen uso ningún (reutilización). Reduciuse o tamaño previsto. Despois aplanar e sacar un tocón de nespereira que aí había. Isto fíxoo Juan Palmiras neses días que non o desprazaron ao CDL. A partir de aquí... abandonados de axuda e tirar para adiante. O primeiro foi botar contas, redeseñar e tirar uns cordeis para o paseo.