25/01/2009

Atila por aquí pasou


Por aquí pasou Atila. Si, si, queridos lectores meus, leron ben. Atila, ese que di a lenda que por onde pasaba nada quedaba; é dicir, o antepasado máis directo coñecido do "amigo" Bush.

Xa... xa sei que me diredes: aquí ninguén viu nada... non puido ser... Mais se un mira as árbores e plantas novas acordará e convirá comigo que Atila deixou aquí uns recadiños: arbustos de adorno cortados ou cortados "daquela maneira", os de falar directo dirán vilmente masacrados; arboriñas coa casca rebentada á altura do corte da herba... Ai, agora si, agora si ven a man directa do grande Atila.

En fin, ao xardín non lle sentou nada ben as visitas importantes que neste curso tivemos. Esas cuadrillas con desbrozadora ao lombo non reparaban en se era unha lavanda, un ilex crenata ou unha silva, silvestre por suposto, que, dado o descoido na limpeza por non facela ao seu debido tempo, decidira tomar asento no patio e apoderarse das zonas menos pisadas. Coma na guerra, fundamental a decisión, e decisión e atrevemento non faltou. Táboa rasa, primeiro cortar afeito e malo será que nese recorte non haxa algo que moleste e sobre. Repasen a doutrina Bush para o Iraq e terán orixinal e copia da moderna "medicina preventiva".


*
Pobre xente! Quen tería a culpa? Quen non sabe máis, quen os manda sen saber moi ben a que ou quen tal permite?


* Ilex crenata trala 2ª "razzia"trunfal

5 comentários:

  1. A culpa foi de quen non señalizou ben as herbas merecentes de seguir vivindo das que tiñan que ser eliminadas.

    ResponderExcluir
  2. Eu non sei que pasa neste arrecendario pero ó entrar nel comezoume a entrar un aroma polo meu que quedei abraiado.Nun sabía que pola rede entraban os aromas.
    !!Que as desbrozadoras ocupen os seus sitios e saxan armas da paz e as tesoiras non corten as gomos de bo fin¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
    Luissssssssss

    ResponderExcluir
  3. Sarabia, xa pensei en pórlles unha estaca a cada un. Estaca lucida, iso si, grande, ben ghrande, e de coloriñas, con raias vermellas cruzando a un xeito e ao outro. A estaca íana ver a 7 leguas polo menos! O que xa non sei e, se toda esta estacada, permitiría ver o xardín; e, a fin de contas, érache o que me importaba de todo isto.
    O Ilex crenata, por exemplo, que nunca pasaría do medio metro, quedaría destacado con unha estaca de esas de metro e medio. Polo menos íase saber que por alí había algo e a estaca daríase a ver. Mais, vendo anteriores finezas, desbotei a idea por se tiñan in mente arrasar o Ilex para salvar a estaca, e a verdade é que ese simple pensamento botoume para atrás.

    ResponderExcluir
  4. Xogando a prim, o xardín cheira que arrecende. Deixa ver alá máis adiante, cando o tempo o goberno a primavera, que vai cheirar a gloria! Heheheh

    ResponderExcluir
  5. Son un mestre xubilado. Cando estaba en activo pasoume unha cousa igual que a ti, Chegaron uns traballadores do concello para adecentar o xardin e os pobres o que fixeron foi mutilalo salvaxemente.
    A idea non era precisamente esa pero...... por falta de coñecimento pasou o que pasou.

    ResponderExcluir