16/02/2009

Mais un día...

Os adiantos da primavera chegaron. O Prunus pissardii, ameixeira de flor rosa e folla vermella cando nace e despois púrpura, está a florear. Pronto o seguirán as magnolias máis claras.

Algunhas árbores teñen a floración moi cedo, alégrannos o frío invernal e adiántannos o que coa primavera virá. Benvidas!!

Um comentário:

  1. Que gusto esta calorciña do mediodía! As flores xa non podían esperar máis.

    Quen ti ben sabes

    ResponderExcluir