10/02/2009

Un camiño no teu xardín (3)

Cando nos pareza que xa sabemos o tipo de xardín que queremos, debemos pasalo da cabeza ao papel; facer un debuxo con certo detalle do que imos facer. Aquí debemos facelo a escala, a nivel caseiro podemos utilizar unha folla de caderno cuadriculada e por exemplo cada metro no terreo que se corresponda con tres cadradiños na folla de un caderno que teñamos. Por último marcamos no terreo con espetos e cordel.

Algunhas veces facemos retoques: cando pasamos a marcalo no propio terreo hai cousas que non nos cadran e vemos outras que antes nin nos deramos conta; xa está, facemos algún retoque.
Tamén nos pode facer mudar o
deseño do xardín cando vemos o material co que contamos e queremos aproveitar eses elementos; por ex., o noso recendario ía ser de 12 x 3 m e quedou en 9,63x2,36 m por querer aproveitar uns troncos que tiñamos -constituían un estorbo e eran xeitosos para o noso xardín-.
Se reducimos o tamaño do xardín, o camiño tamén ha de reformarse; así, o noso recendario de tres rotondas pasou a dúas e fíxose máis estreito (50 cm en lugar dos 60 proxectados).

Xa ves, case todo ten un apaño, pero, olliño, un camiño debe ter como mínimo 50 cm; do contrario, andaremos con dificultades por el.

7 comentários:

  1. Faise raro iso de ver un xardinciño a escala; sempre pensei que era poñer as plantas, máis ou menos cómo lle viña a unha á cabeza.

    ResponderExcluir
  2. Vexo moita didáctica e moi ben empregada nestes consellos.

    Ainda sendo esta a miña primeira visita ao teu xardín, vou abusar de confianza blogueira e pregunto: Este ano pilloume o toro coa poda dos frutais -mazairas, pereiras e unha figueira-; qué lúa me recomendas agora para facela?.

    Graciñas e saúdos

    (Gustarame verte novamente pola Chousa)

    ResponderExcluir
  3. Moi bonito todo, ese plano o vimos na clase.



    De : Desirée Gómez Vaqueiro.

    ResponderExcluir
  4. Este comentário foi removido por um administrador do blog.

    ResponderExcluir
  5. Benvida, Desirée. Para as competencias matemáticas recomendan, e así o fago, utilizar casos reais que nós vexamos e tratemos.

    O plano que fixera do arrecendario veume ben tamén para traballar a escala de planos e mapas. Non é fácil de entender iso da escala, a que non?

    Boa fin de semana

    ResponderExcluir
  6. Chousa, benvido por estas terras aromáticas e fértiles. É unha honra terte por aquí cheirando estes arrecendos.

    No tocante á poda das túas froiteiras vas ter que reservar este fin de semana ou aproveitar a semana que vén. O tempo está seco, evitando así fungos e podremias; vai frío, pero non "pela"; lúa minguante, que disque é a mellor. As túas pereiras... non debían sobrepasar o antroido sen pasar polas tesoiras, ben afiadas e desinfectadas. Nestes días que veñen por diante tempo e lúa favorecen. A que esperar!
    Sobre o efecto da lúa, que queres que che diga? Eu, como galego, non creo de todo nin deixo de crer. Se inflúe nas mareas, que parece máis difícil... Eu, se nada mo impide, prefiro facelo en minguante, mais xa o teño feito noutras lúas e tampouco me foi mal.

    Boa colleita

    ResponderExcluir
  7. Agradézoche ben os consellos (e son eu o honrado en poder descubrir o teu xardín).
    O carallo é que hoxe á tarde non dei aturado sin empezar o traballo...Estaba tan boa tarde, despois de días e días de choiva e frio...
    Así e todo ainda me queda choio para a semana.

    Pásame como a ti co das lúas. Con frutais noviños incluso teño feito xusto do revés do que me aconsella meu pai (que é un fervente defensor), e lograr os meus obxectivos: que saquen boas e longas púas para ser máis cauto no ano seguinte.

    Así e todo direiche que aquí, pola Terra do Medio, estas mañanciñas xea de carallo.

    Boa fin de semana e unha aperta!

    ResponderExcluir