14/02/2009

O alumnado fai seu o arrecendario


Viñeron días de sol e algunha calor ao mediodía. Por fin! Veu o sol, aínda que, polo de pronto, a calor ben a aguantamos. Xa din os vellos que "nunca choveu que non escampara".

As nosas herbas vanse repondo e estarricando; mais fano con coidado e disimulando, non vaia ser que o vello inverno volva dar un ramalazo.



As rapazas e algún rapaz tomaron o sacho e procuran ter as malas herbas á raia, que as malas sempre aproveitan todos os ventos a favor.
Non queren que lles pase o que o vello Confucio dixo e comenta con atino Chousa de Alcandra nas súas Breves: "Non son as malas herbas as que afogan a boa semente, senón a neglixencia do labrador".
Por se acaso... ou porque o pasan ben facendo ben.

2 comentários:

  1. Je, Je. Ai estou eu co sacho. Gustoume facer ese traballo; quero volver a facer outro traballo, pero tamen salir en mais fotos.

    De: Desirée Gómez Vaqueiro.

    ResponderExcluir
  2. Sabede que gústanos moito traballo que estades a facer.

    ResponderExcluir