Terán de ser estas flores lindas con forma de tulipán as que poñan a cara perante tempos duros e definitivos que por aquí están a ocorrer.
No noso xardín contamos con tres variedades de magnolias:
Magnolia soulangeana (ou soulangiana), esta branco crema e outra rosa clara;
M. liliiflora rustica rubra, máis arbustiva, entre as dúas anteriores e
e M. stellata, coas flores estreladas e de moi bo arrecendo, dous exemplares aínda pequenos que calquera día pasarán pola desbrozadora cando Atila outra vez dea un repaso.
Linda flor para un lindo día.
ResponderExcluirAmigo Antonio, xa hai días que entrei nesta túa casiña. E non sabes que ledicia retomar o contacto co meu vello camarada canteiro, construtor de pallozas, porteador de angarelas acuguladas de pizarras samonenses!
ResponderExcluirEstaremos por aquí e por Andaescola de cando en vez.
Como viches, no entroido pasei dous días por diante da casa dos teus pais. Que soas quedan as nosas aldeas!
Mándame o teu enderezo electrónico a mbusto@edu.xunta.es
Volvemos ter Xuntanza en Samos o 7 de xuño.
Consulta http://memoriadesamos.blogspot.com
Apertas.