05/10/2009

Mentas


Hai moitas variedades de mentas. Ademais, cambian bastante segundo o tipo de terra na que bebe e come, e a cantidade de sol que reciban. O seu cheiro, sempre a menta, tamén pode ser moi diferente: moi forte coma o da foto, suave nos poexos, moi mentolado...


As máis coñecidas son o poexo, a menta verde e a menta piperita (esta realmente é un híbrido).


A menta verde (Mentha spicata = M. viridis) é moi utilizada polos árabes para o seu té verde (viridis=verde). O poexo e a piperita son as dúas máis utilizadas aquí para infusión.

4 comentários:

  1. grazas por seguir co arrecendario anque sexa a distancia.represas

    ResponderExcluir
  2. Eu continúo con isto. Non sei ata cando será; moito supoño que non, pois perdeu parte do seu sentido. Iso si, dende esta distancia, nótovos un pouquiño adurmiñados. Os blogues non "furrulan" sós (gustan de compañía).

    ResponderExcluir
  3. Eu dlin:
    "Hai moitas variedades de mentas. Ademais, cambian bastante segundo o tipo de terra na que bebe e come, e a cantidade de sol que reciban. O seu cheiro, sempre a menta, tamén pode ser moi diferente: moi forte coma o da foto, suave nos poexos, moi mentolado"
    Eu diría:
    "É unha planta política"

    ResponderExcluir
  4. É tan "política" que convén tela baixo ollo e control, se non queres que che ocupe todo o eido.

    ResponderExcluir