19/10/2009

LAVANDA


Lavandula angustifolia



É un pequeno arbusto aromático de medio metro de alto e outro tanto de
largo, aínda que pode ser máis alta.

As súas follas son estreitas (angustifolias = follas estreitas) e glaucas (verde agrisalladas). A súa flor ten forma de espiga, de cor azul lilácea.


É frecuente en xardín de herbas aromáticas, por ser decorativa e aromática á vez, pode tamén facer un bordo ou unha sebe baixa, recortada ou libre, moitas veces nas beiras de un paseo.


Ademais da lavanda angustifolia hai outras moitas variedades, algunhas silvestres outras de cultivo ou xardinería: L. dentata, L. stoechas (coñecida como cantroxo, cantroxiña... e existente como silvestre en diversas zonas moi soleadas dos nosos montes) …


Despois de 5 anos é mellor renovar estas plantas para manter unha forma bonita, aínda que pode durar bastante máis anos.


Cultivada e moi utilizada na Provenza, no surleste de Francia. De aí son moi coñecidos os seus perfumes de lavanda.



5 comentários:

  1. Profeee!! que tal no colexio novo?? Amin me vai moi ben saquei un 9 en lengua castelaa e maña teño examen de frances!! un besoo

    ResponderExcluir
  2. Desi, eu vendo o teu sobresaliente (os meus parabéns!) case prefiro non falar do meu: deixareino en que vou indo...pero prometéronme que me ían vir tempos moito mellores.
    Ánimo, traballo e sorte!
    Un bico

    ResponderExcluir
  3. Bueno profe,pois que che vaia mellor e que teñas sorte.Un bico!

    ResponderExcluir
  4. Pero que curso estas dando? E porque che vai mal? un bico

    ResponderExcluir
  5. Estou dando primeiro (non é o meu curso favorito precisamente); sempre conseguira librar, pero de esta vez non. O peor non foi o curso, senón un "elemento" que me tocou; el soíño foi capaz de amargarme o primeiro mes...e menos mal que agora xa o vou controlando!

    As dificultades tamén hai que facer o posible por superalas, ou non? Eu estou nese paso e agora xa vai bastante mellor.

    Un biquiño

    ResponderExcluir