10/10/2009

Recanto


Este recanto, pequeno el, ofrece unha importante variedade de cores. Ai, mais como nas feiras, aínda damos máis polos mesmos cartos: esa sinfonía de cores muda co tempo ao longo do ano.


Subimos a oferta para que non quede aí a cousa: mentas, xarxa e santolina danlle un cheiriño acolledor.


Para os máis inconformistas: as pedras de granito, redondas coma os nosos montes, fanlle o aconchego ao noso recanto.


Non fai falta moito para facer unha delicia. E quen non ten un recuncho?!

4 comentários:

  1. Hola profe!
    Que tal?

    ResponderExcluir
  2. Ben. Realmente, adaptándome á nova situación. Parecido debe ser o teu (voso) caso. Ánimo e sorte!
    Alégrome de volver verte aquí pola rede.

    ResponderExcluir
  3. Aconchego, fermosa palabra, non a coñecía, aproximación , abrigo, amparo, acomodo. Foi o que fixeches ti aconchegácheste. represas.

    ResponderExcluir
  4. Grazas!!
    Igualmente!

    ResponderExcluir