28/09/2009

O mentraste veu en flor

Mentha rotundifolia

O mentraste ou menta brava nace silvestre nos prados e veigas.
É pouco valorado como menta (algúns dubidan da súa condición e chámanlle falsa menta).

Iso si, cando nos pican as estrugas ou ortigas, resultan moi ben para calmar o pruído... e sempre están alí á beira. Eis, a natureza dános o bo e o malo!


Ai, por certo, a avespa non me picou! Debíalle gustar que a sacase de corpo enteiro... aínda que eu non as tiña todas comigo.

Um comentário:

  1. En Mos chamámoslle mentrastos, eu sempre lles quixen ben polo tema das ortigas, aínda que cando íamos a apañar herba pras vacas tiñamos que evitalo pois non lles gusta ou prestalles mal.

    ResponderExcluir