26/05/2009

Aí vai a 2ª enquisa



A 1ª enquisa, aquela que preguntaba que gustaba máis do arrecendario deu o seguinte resultado:


Como está feito
12 (33%)
Observar e cheirar as plantas
3 (8%)
O camiño de pedras con rotondas
16 (44%)
Participar (marcar con serrín, coidar as plantas...)
4 (11%)
Enredar nel
1 (2%)


Agora imos facer outra enquisa sobre o noso arrecendo/planta do arrecendario preferidos.

Cal é o arrecendo preferido das nosas plantas aromáticas?

Pasamos docemente a man polas follas de cada unha de estas plantas e levamos ao nariz o arrecendo que nos deixou.
Afinamos o noso olfacto. Así unha planta trala outra.

Non te esquenzas da ruda que está ao fondo de todo, pegada ao valado metálico.

Cheiradas todas, sempre hai unha que nos gusta máis; esa é a nosa preferida.

Miramos o seu nome e votamos por ela. Podémolo facer no blog, en comentarios; esta é a mellor opción para os que non sodes alumnos. Para os que aínda non o fixestes nunca: pinchamos en comentarios e escribimos na fiestriña que se abre
; a continuación, escollemos "Anónimo" e dámoslle a publicar comentario (queda ben indicar quen escribe). Por último, comprobamos que aparece publicado.

O
alumnado debe votar na folla dada a cada grupo. Como non, tamén pode facer comentario (neste blog somos moi tolerantes).

Axiña saberemos cal é a que máis nos gusta.
A nosa preferida.

2 comentários:

  1. Falando de ENQUISAS vota na miña xa veras...


    un bico.

    :P

    ResponderExcluir
  2. Xa case todos os grupos pasaron por aquí e cheiraron. De momento, a herba luísa é a preferida, seguida das mentas e do tomiño alimonado.
    A santolina non convence a case ninguén (tivo tamén algúns votos a favor) e ten bastantes detractores; estes queren mandala ao fondo, a compartir espazo coa ruda, por mal cheiro.
    A ruda, que estaba separada, non soportou o trato que lle deron, viuse arrincada e morreu.

    ResponderExcluir