04/06/2009

A 2ª enquisa dixo

Feita a visita da maioría dos grupos ao arrecendario e despois de ter cheirado a gusto
o noso centro aclama á herba luísa como a principal preferida.

En segundo lugar quedaron as mentas (sobre todo o poexo e a menta piperita).

Deseguido, e por esta orde, o tomiño alimonado, a lavanda, a nébeda, o pelargonio aromático,o tomiño, a melisa, o romeu, o fiúncho, incenso, ourego, tromentelo...

A aromática que menos votos recibiu foi a xarxa (a salvia), aínda que cómpre anotar que a santolina foi denostada por moitos dos visitantes que a quixeron mandar para o fondo do recinto escolar a acompañar a ruda, dado, para eles, o seu cheiro tamén desagradable.

2 comentários:

  1. Hola profe.
    No da segunda enquisa que puxeches os resultados, a herba luisa está en azul oscuro pero a última letra, que foi unha "a",non a puxeches en azul oscuro.
    Nada máis.

    Pasao ben no colexio ao que vas.

    un bico de todo 6º.
    Ata sempre

    ResponderExcluir
  2. Marta,
    moi, moi agradecido!

    A ver se me deixa mudar a cor real na palabra "luísa". Cando non o fas ben á primeira, non sempre che permite o troco.

    ResponderExcluir