05/06/2009

Unha árbore para aquí deixar



Xacarandá (Jacaranda mimosifolia)


Unha árbore para deixar aquí, por nós, que imos fóra;
mais aquí, chantada na terra, deixa para sempre a marca da nosa ausencia, que xamais será de todo.


Árbore delicada, nativa do Brasil e de nome brasileiro,
temerosa das xeadas (as "neves" invernías ditas en Mos),
de fermosa e espectacular floración azul (ou azul violácea), en xuño.






Nós recitámoslle un poema moi axeitado para o
momento.



Escoita (podes ler en alto):



Árbore,
cando eu marchar has aquí ti quedar.
Has de ver pasar outras xeracións.
Has de oír as cancións
De outros nenos, outras Primaveras.
A carón túa, meu fillo, hei de soñar

as miñas antigas, ilustres quimeras.

Árbore,
Cando eu marchar, has de falar
de min, que te plantei.

E, en cada ramallo novo que brotar,
Serás un xesto meu a perdurar:

- Por ti, de todo,

xamais marcharei …

Francisco Bugalho (adaptación miña )


8 comentários:

  1. A primeira foto quedou preciosa , Marosa e unha gran fotografa.

    ResponderExcluir
  2. como era o blog da biblioteca?

    ResponderExcluir
  3. Desi, o blog da biblioteca é:
    http://bibliotecapena.blogspot.com
    A última entrada trata da visita ao Arrecendario.

    Non me acordei de metelo aquí en "Colgados da Pena"; si está no blog de "Andaescola".

    ResponderExcluir
  4. Samuel:
    espero q o arbore dure moito.

    ResponderExcluir
  5. Laura di:
    Espero que os que veñan de infantil vexan ese árbore e se acorden de nós.

    SB plis.

    ResponderExcluir
  6. O poema que ben lle acai!

    "Por ti, de todo, xamais marcharei."

    ResponderExcluir
  7. Noelia:
    ESPERO QUE A ÁRBORENON ACABEN CON ELA.

    ResponderExcluir