07/05/2009

Rosas no meu xardín

Cheira a rosas!


Benvidas de volta ao noso xardín rosas que cheirades a rosas!!

Se hai un aroma ao que todos adoran e do que ninguén renega é do da rosa. Mais, hai uns anos, foise perdendo interese polas rosas con arrecendo (a rosas!!) e estas só interesaban se eran lindas.
Si, conseguiuse que as rosas foran todas moi bonitas; mellorouse moito a súa forma, pero... perdeuse ese agradable cheiro a rosas que antes había!


O que gañaron as rosas en forma e fermosura perdérono en arrecendo.
Entre o olfacto e a vista, gañou claramente a vista.


Hoxe estamos a voltar ás rosas que cheiran a rosas. Hummm, que delicia!

Aquelas roseiras de variedades antigas, todas con moito arrecendo, outra vez interesan. Volve...por fin...cheirar a rosas!!


Outra novidade, esta realmente nova, é o uso dos pétalos soltos de rosa adornando algún plato de comida. Isto non o viran os nosos vellos, mais é a última das últimas.

9 comentários:

  1. Asi me gusta profe, gustame moito a foto e tamen me gusta moito como saiu noelia.


    un bico!

    ResponderExcluir
  2. Profe,que avia que poñer para ir a paxina de isftic que mandaches o xoves?


    besos

    ResponderExcluir
  3. Debes pór estas 3 palabras no Google: isftic superficie primaria. Fai a Actividade 3 ("Práctica" (apartados: "medimos", "perímetros") e o "test" de Actividade 3 fútbol-baloncesto.

    Ese "avia" é do verbo haber; polo tanto, "había".

    Boa fin de semana, Desi

    ResponderExcluir
  4. Moitas grazass!

    Non seria bo fin de semana en vez de boa fin de semana.

    ResponderExcluir
  5. Desi, o substantivo "fin" é feminino cando indica final, remate, terminación...; pola contra, é masculino cando indica finalidade, meta, propósito, intención... Xa que logo, dicimos "a fin de semana", pero temos que dicir "o fin que persigo é aprobar."

    Como ves parece máis fácil do que é! Si, en castelán nos dous casos é masculino.

    Estivo ben a reflexión que fixeches, pero...heheh...quixéchesme pillar nunha, eh!

    ResponderExcluir
  6. Es que pensei que era igual que o castela.


    un bico!

    ResponderExcluir
  7. Non está mal ese resultado, Desi. Ben.

    ResponderExcluir