03/05/2009

Reprodución... de plantas



Laura e Thais reproduciron o romeu postrado.

Si, ese anaquiño de romeu que Laura ten na man partiuse en tres anacos, espichamos (espetamos) cada un na terra e esperamos que boten raíces e así ter máis romeus.
Así de sinxelo, de este xeito tan fácil podemos reproducir moitas plantas e arbustos.

As plantas podémolas multiplicar de diversas maneiras.
O romeu soe reproducirse así como fixemos e prende ben.
Veremos dentro de un mes. A ver se non me deixa quedar mal!

O incenso tamén se reproduce por espetos ou ponliñas metidas na terra e prende de marabilla.

O incenso é a mellor planta para ensinar esta técnica de reprodución vexetativa.

6 comentários:

  1. Profe, esto non e xusto xa e a terceira vez que sae esta foto e nos kee? este blog e para os de 6º para eso e o blog do noso tutor, temos dereito a sair mais por que somos os maiores e dentro de 2 meses xa nos vamos do colexio e non podrase poñer mais fotos nosas e os de 5º que lle faga o seu tutor un blog para eles por que isto non e normal xa e a 3ª vez que sae esta foto e fotos nosas nin duas veces. Ati pareceche normal? Ami non.



    un bico!

    ResponderExcluir
  2. A profe e contestame no meu blog.

    un bico!

    ResponderExcluir
  3. Desi, o meu cariño por vós, o meu alumnado, non debe quitar de poder poñer fotos de outro alumnado. Que dirían eles? Os demais non lle importamos nadiña, dirían...claro que dirían!

    Para as fotos de plantas e arbustos do arrecendario utilicei sempre a imaxe do alumnado que levou esa planta. Moitos foron de 6º, pero tamén houbo outros. Marcos, de 5 anos, tamén quedou chuliño, a que si!?.

    Ademais, Laura puxo cara de boa rapaciña, non cres?

    ResponderExcluir
  4. Profe,pareceme moi ben que o poñas polas plantas e que salgan nas ftos tamen pero o que pasa esque esta foto sae 3 veces no blog e nos nin 2 fotos.

    ResponderExcluir
  5. Profe estou totalmente de acordo con Desirée.Ten moita razón ao dicir que saen máis nenos/as doutros cursos que o alumnado de 6º.Isto é parecido ao machismo contra os de 6º curso.

    un bico

    ResponderExcluir