22/08/2009

Xardín de tarros

Foto: ?

Aquí vai un xardín plenamente moderno.
Menor consumo de auga e maior comodidade no mantemento do xardín.

Forma, repetición de elementos e cor




A quen non lle gusta?

7 comentários:

  1. Hola profe!!
    Que tal as vacacións?
    Espero que ben.
    Un bico!

    ResponderExcluir
  2. Hola profe, canto tempo, q tal as vacacións??

    ResponderExcluir
  3. Hola profe a de antes son eu Laura Costas un bico!!

    ResponderExcluir
  4. Alégrome de ""vervos" por aquí, Belén e Laura.

    As vacacións, ben; mellor, moi ben. A última quincena foi un pouco apretada: cheguei de volta ás 2:30 h do día 1... e este era (foi) día de traballo.
    Viaxei moito polo sur de Francia e centro e norte de Italia: Narbona,Marsella, Avignon... Mónaco... Toscana (Florencia e San Gimignano gustáronme moito), Cinque Terre (traducido Cinco terras, cinco pobos pegados ao mar con unha paisaxe marabillosa), Bolonia, Parma... Todas distintas e moi interesantes.
    Nunca vira tanta xente de todo tipo en bicicleta coma en Lucca e Parma!
    Lugares interesantes, outras linguas...e outros horarios.
    Que cedo se fai de noite alí e que cedo se erguen os condanados!
    O malo foi ter que conducir tanto(5.200 km) e pasar calor de máis; pero pagou a pena.

    Un bico!

    ResponderExcluir
  5. Jajaa..Pois eu tamén fun uns días de viaxe,pero menos ca ti ,jaja.
    Bueno pois dentro duns dias,outra vez hai que volver a rutina de sempre.
    Un bico!

    ResponderExcluir
  6. Hola profe.
    Que tal as vacacións?
    No mes de Xullo reguei eu e no mes de Agosto Adrián.
    Pois dentro de nada empezamos o instituto e quero que me toque alguen da clase.
    Un bico de Marta

    ResponderExcluir
  7. Marta, alégrame que ti e Adrián cumprirades o que prometestes de regar a vosa árbore, o xacarandá. Gústame que sexades de palabra e tamén que coidedes o que vos representa a vós. Parabéns!

    Está a piques de empezar o Instituto. Seguramente has de ter algunha compañeira ou compañeiro de antes; tamén novas compañías. Todo normal, xa verás! Iso si, hai que esforzarse dende o principio.

    Un biquiño

    ResponderExcluir