24/04/2009

Romeu



Rosmarinus officinale


É un arbusto aromático que pode chegar se non se poda aos 2 m.

Acepta ben o recorte e a poda polo que é usado tamén para formar sebes.


É unha das plantas aromáticas máis melíferas; existen incluso meles específicos de romeu.
É a planta aromática preferida das abellas.

Existe outra variedade rastreira, pouco amiga de medrar cara arriba e que colga máis do que sobe; medra cara aos lados e sempre ao rente do chan: o
romeu postrado (Rosmarinus of. postratus). Fai talmente como aquí ves; a man de Laura acubíllao docemente coma se fose un tarro no que pode asentarse e amosarse con seguridade.

Este romeu rastreiro nos últimos tempos é bastante utilizado en xardinería.
No noso arrecendario está á beira do romeu común.


Propiedades: Aromático, medicinal e condimentar. As súas follas, tanto secas coma frescas, dan sabor ás carnes e guisos. As súas flores azuis tamén se poden comer e serven para adornar ensaladas.

Solo: Indiferente ao tipo de terreo, pero sempre ben drenado

Exposición: Sol

Reprodución: Por estaca (bota raíces facilmente)

2 comentários:

  1. Uf! Como se me parece esta cariña a de unha mamá que está aquí á mañá cedo! Pódese aplicar o dito de "Ou nas unllas ou nos pés has de semellar a quen es".
    Un saúdo para a mamá e para Míriam, aínda que non se pareza á mamá.

    ResponderExcluir
  2. Erea di: Porque Laura sae duas veces como todos.

    Selena di:os de 6º somos especiais e como é o último ano deberiamos sair nos no blog.

    ResponderExcluir