02/04/2009

Curan... case todo



Botándolle unha ollada aos valores das planta aromáticas, un queda pampo. Teñen unha morea de utilidades; mais desgraciadamente non as teñen todas. E isto é o corrente entre as herbas aromáticas e medicinais.

Estas herbas do noso arrecendario teñen grandes utilidades para a nosa saúde, á altura de moitas das medicinas de farmacia; mais, ás veces, non queda máis remedio ca ir ao hospital e...mesmo pasar polo quirófano. Isto foi o que lle ocorreu a Laura: xa ingresou no hospital dúas veces con síntomas semellantes aos de agora, pero os médicos non estiveron finos. Tentaron curarlle o mal que non tiña! E... tivo que volver por terceira vez, máis grave. Menos mal, vaise encamiñando.


Recupérate axiña... e ben, Laura! Envíanos un comentario dende aí, dende o hospital, cheo de esperanza.

2 comentários:

  1. Muchas gracias, Anton, por el post de la suculenta !

    ResponderExcluir
  2. Laura di:
    Moitas grazas por preocuparos por min, e quero dicirvos que agora estou moito mellor,(xa me quitaron os puntos).De novo moitas grazas, e un bico moi grande para todos.

    ResponderExcluir