13/03/2009

Incenso


Plectranthus coleoides "marginatus"

É unha planta herbácea perenne. As súas follas son rugosas, tirando a gordechas con peliños e con forma acorazonada; presentan as beiras ou marxes variegadas de cor branca e ás veces toda a folla colle esa cor. Estas follas son bastante aromáticas, evidentemente, a incenso.
Ten tendencia a erguer pouco os seus talos, a arrastrarse polo chan ou a colgar debido ao peso se está nun tarro.
Moi utilizada en xardinería de tarros en terrazas e balcóns.
Gústanlle os climas mornos e os quentes.

Propiedades: Aromática; tamén medicinal na India, mais aquí non soe utilizarse como medicinal.

Solo: Normal.

Rega: Soporta certa sequía.

Exposición: Semisombra ou sol . Quere lugar luminoso, mellor sen sol directo.

Ollo ás xeadas! Cómpre protexelas se vén un inverno duro coma o de este ano (aféctalles máis ás procedentes de viveiros). No noso arrecendario neste duro inverno de cinco salvaron tres sen protección. Preto da costa poden estar todo o ano fóra.

Poda: Débese despuntar os seus talos para que ramifiquen lateralmente; así dá unha planta máis compacta e xeitosa.

Reprodución: O mellor método consiste en espichar ramalliños ou estaquiñas, prende moi ben. Conseguiremos novas plantas de forma doada.

2 comentários:

  1. Fai uns meses andando na bici, atopei unha antiga fabrica de curtidos,nunha aldea de LAlin, preto de CArmoega,nonrecordo ahora o nome, aunque o teño anotado, falando co propietario, amosoume un arbol, -resultou ser do incienzo, eu nunca antes o vira, e ao parecer é moi dificil de ver por estas terras..

    ResponderExcluir
  2. Angel Utrera, está visto que a bici non só permite pasar polos sitios; tamén facilita o goce das paisaxes e mesmo descubrimentos. Aínda a vida nos dá sorpresas por aquí! Está ben que non estea todo descuberto.

    ResponderExcluir