09/08/2011

Tomate

Comidos en ensalada, con outros engadidos ou non; soíños coma se foren mazás (máis raro pero igual de saborosos) ou en gazpachos para os amigos dos purés ou desdentados.

Os tomates sempre van ben.

Cultivo fácil se lle aportamos sol, unha pouca agua á beira dos pés e ningunha nas follas (hai que amolarse cando chove); cómpre tamén vara longa e ataduras de cando en vez (con froito todas as ataduras fanse poucas os días de vento) e cortarlle moitos dos fillos que botan entre o tronco e as follas. O podalo é importante, máis aínda nas partes baixas para que os tomates non toquen coa terra e estean aireados; mais a poda debémola incrementar ou diminuír segundo bote moita ramallada ou pouca. No primeiro dos casos mesmo vén ben unha poda das follas xusto despois do último froito. Trátase xa que logo de que vaia a forza para o froito e non tanto para esa ramallada. Ollo! Non debemos pelalo e deixalo sen ningunha folla, que algo así xa teño visto; a tomateira ten que facer o seu alimento e precisa tamén follas.

Sulfatar ou non? Estes están sen sulfatar e vailles ben. Se os sulfatas, coidadiño co que lle botas, vai ser o que comes.

4 comentários:

  1. Hola :

    Me llamo Eliana Villarreal soy administradora de un sitio web. Tengo que decir que me ha gustado su página y le felicito por hacer un buen trabajo. Por ello me encantaria contar con tu sitio en mi directorio, consiguiendo que mis visitantes entren tambien en su web.

    Si estas de acuerdo hazmelo saber enviando un mail a eliana.villarreal.bravo@hotmail.com
    Eliana Villarreal

    ResponderExcluir
  2. Hola mi estimado, disculpe el hecho de escribirle por medio de un comentario en su blog http://polonariz.blogspot.com/ , pero deseo saber si se encontraría dispuesto a realizar un intercambio de publicidad con mis sitios webs.
    http://www.cosmoenlaces.com/ (directorio)
    http://www.universoenlaces.com/ (directorio)
    Si esto fuera de su interés me encontraré atentamente disponible en este correo melannieagurto@gmail.com

    Muchas gracias , por su atención prestada.
    Cordiales saludos de
    M. Itziar

    ResponderExcluir
  3. Sorprende a túa constancia e a plasticidade deste arrecendo.
    Luisssss

    ResponderExcluir
  4. Ola Antón, son Ángeles do Pena de Francia.Esta é a primeira vez que entro no teu blog, e todo porque estiven podando no teu arrecendario e unha compañeira amosa interés por él, e entón tiven que contarlle quen fora o creador daquel recuncho.Intento mantelo e conservalo.Alégrame ver como no teu novo destino continúas con ilusión creando e xenerando vida. Noraboa e que non perdamos a ilusión para transmitirlla os nosos nen@s. Unha forte aperta dende a Pena.

    ResponderExcluir