19/07/2010

Tromentelo


O tromentelo coma todos os anos veu en flor. Dentro de poucos días vai pasar do verde ao rosa, acuguladiño de flores, mentres se arrastra polo chan.

Resistente, capaz de vivir con ben pouco, só uns poucos cm de altura e un arrecendo xeitoso.
Un dos mellores para cubrir o chan entre pedras.

8 comentários:

  1. Ben, xa vexo que volves a estar aquí e con unha planta da que me gusta todo dende a raiz ata o nome. Pero...na foto case que non a recoñecía, o mellor é que ten distintas tonalidades.

    ResponderExcluir
  2. Ola! Pódeme dicir por favor cal é o nome científico desa planta, o tromentelo? Eu son italiana, estou buscando todas as plantas para facer el cacho de san Xoán e no atopo cal é esta. Moi interesante o teu blog, tamén para aprender mellor o galego.

    ResponderExcluir
  3. Antón, canto tempo! Que tal todo?
    *Son Belén, a que lle diches clase no Peña,por se non o lembrabas jaja.

    ResponderExcluir
  4. antontorreiro30/08/2010, 00:40

    Ciao Chiara, O tromentelo (ou trementelo) é o Thymus caespititius. Tanti saluti. Ciao

    ResponderExcluir
  5. antontorreiro30/08/2010, 00:52

    Belén, alégrome moito de volver saber de ti. A min, todo ben. Realmente estou contento, pero un tanto cansado; acabo de chegar do Norte de Italia (máis ou menos dende Milán a Venecia) e o Ticino suízo...e iso de viaxar e coñecer gusta, mais tamén cansa.

    Un bico

    ResponderExcluir
  6. Graziñas Antón (e grazas tamén para haber recambiado coa lingua)!!

    ResponderExcluir
  7. Pois alégrome de que che vaia tod ben.Seguiremos en contacto.Un bico

    ResponderExcluir
  8. Un pracer atopar esta variedade de tomillo, eu conseguin face-lo crecer no meu xardin con fins de repoboar os montes de San Nomedio que estan moi pobres desta variedade tras os incendios. E un tomillo rastrero moi bo para lava-lo cabelo. A miña receita INFALIBLE para a gripe e: tomillo+auregos+limon da casa+mel de abella, en infusion a gripe desaparece en minutos. Excelente blog, saudos.

    ResponderExcluir