Cada vez máis guiamos a natureza a onde queremos.
A natureza aparentemente libre e salvaxe (disque natural) é pouco natural; se se prefire, é moi humana (para algúns, demasiado). Traballamos, traballan outros por e para nós, as veigas e leiras para producir o que queremos, ou o que podemos; os mares pouco profundos das nosas rías semellan leiras para aproveitar a súa riqueza de marisco e de sargazos comestibles (aquí aínda hai moito que andar ou mellorar).
Ultimamente estase a mellorar moito na asociación fungo e vexetación para tirar proveito, é dicir, para levar algo á boca que nos resulte de interese. Eis, a asociación de castiñeiros micorrizados con boletus para conseguir un dobre aproveitamento: castañas e madeira por un lado e por outro os valiosos cogordos ou boletos tan desexados no noso outono. Por riba esta micorrización fai máis resistente ao castiñeiro.
Son os tempos que corren... e está ben que así sexa?
Hai novas propostas para aplicar a pequena escala nesta liña.
Vede senón a proposta que nos ofrece o cantinho das aromáticas con todo ben explicadiño (produzir-cogumelos-em-sacos). Non só recolleremos cogumelos, senón que tamén os produciremos. Todo ben!
pena que non goste dos cogumelos. represas
ResponderExcluirHola profe! q tal¿?¿
ResponderExcluirRepresas: Algúns cogumelos estanche ben bos. Eu comín uns níscalos que estaban deliciosos (teño a meu pai especializado na súa recolleita). Meu pai recolle, non produce; por este punto pode haber un avance, non che parece? Seremos agricultores de cogumelos, dos bos cogumelos, claro. A min isto sóame a historia.
ResponderExcluirBelén: Eu ben, estou satisfeito. E ti?
Pois moi ben,en matemáticas saquei un notable e en galego un sobresainte! jaja en xeral moi ben.
ResponderExcluirOs meus parabéns, Belén! Iso está moi ben.
ResponderExcluirBo Nadal
Feliz ano!!
ResponderExcluirHola profe !!
ResponderExcluirEu saquei unsobresaliente en galego e un notable en matemáticas.
Feliz Ano !!
A VER SE ALGUN DIA VÉMONOS NO COLEXIO !! JAJAJA
Todo ben, Selena. Perfecto!
ResponderExcluirQue esta noite os "Reis" paren un pouquiño na túa casa e deixen algo con xeito! Para que cumpran eses desexos non fai falta crer neles; iso si, non convén dicir que os Reis non nos importan, perdemos os agasallos ou son peores.
Bo ano!
Antón estas feito un poeta. Feliz ano. represas
ResponderExcluirBo ano, Teresa. Que sexa talmente como ti ben mereces!
ResponderExcluirHola profe,canto tempo.
ResponderExcluirQue tal por ai?
En matematicas saquei un suficiente.
En galego saquei un notable.
Suspendin unha lingua castela.
Un bico
Desi, na 2ª avaliación hainas que sacar todas; inténtao e verás como podes.
ResponderExcluirEu, ben; o maior problema é soportar este frío que me conxela as orellas.
Un biquiño
Entro amodiño polo teu xardín coa fin de non pisar nada, que son algo trasno. Viña a decirche, profe, que a estela de seguimento que deixas cando comentas (hoxe na Chousa pasouche) sae mal. Concretamente fáltalle un "s". Seguramente me explico mal; así que proba ti mesmo dende o teu propio comentario no meu post "Miañar" e verás.
ResponderExcluirSaúde e fala!
Dos cogumuelos, mellos non probalos, porque quero vivir cento vinte anos e non sexa que.....
ResponderExcluirluisssssssssssssssssssssssssqqqqqqq
Todo che ten o seu perigo, Luís. E... se non o ten, é que non vale para nada. Visto o visto, hai que mollarse e expoñerse; iso si, de tolos está o cemiterio cheo, cómpre controlar os perigos e non pasar da raia, por se acaso.
ResponderExcluirColle confianza. Aquí sempre traballamos sobre seguro, ho!