01/12/2009

Infusión de menta

Foto: collida da net

Unha infusión de menta sempre senta ben; faise gustosa no padal e tranquilizadora para estómago e intestinos.

É moi utilizado no norte de África o
té con menta para dar a benvida aos visitantes. A menta acaille dende logo moi ben ao té. A variedade de menta usada no Sahara para acompañar é a menta verde (mentha spicata = mentha viridis).

De mentas temos moitas variedades. Da menta poexo non debemos abusar, mais das outras mentas podemos tomar canto queiramos.

Aí vai unha menta!





7 comentários:

  1. Que pasa cos poexos, é veneno ou que? os de Mos sómosche un pouco salvaxes e os tomamos para tos. represas.

    ResponderExcluir
  2. O poexo é bo. E non vai ser! Mesmo os nativos de Mos son bos.

    Si, falo en plural, hai varios tipos de poexos, ben distintos entre si pola forma. Non cómpre ir lonxe para demostralo. No "voso" arrecendario xa hai dúas variedades: non parecen o mesmo, mais ao cheiralos cantan a súa semellanza.

    Só ten algún problemiña cando se toma moi seguido. É cousa de non abusar para quen lle gusta moito; é dicir, despois de varios días a tomar a súa infusión, facer un descansiño. Non é moito problema, non é?

    As outras mentas xa non teñen ese inconveniente; mesmo podemos abusar. E non fago propaganda.

    ResponderExcluir
  3. ¿Que clase de menta é a que dan nas cafeterías?

    Luis Q.

    ResponderExcluir
  4. D.E.P ALEJANDRA

    ResponderExcluir
  5. Para anónimo: O de Alejandra é moi, moi doloroso. Fainos poñer os pés na terra e pensar máis no día a día. Ánimo para a familia que o está a pasar moi mal!

    Para Luís Q.: Normalmente os bares de aquí poñen, penso eu, o poexo (a menta poleo do castelán). Isto tería que confirmalo. A menta piperita é un híbrido máis utilizado polos ingleses.

    ResponderExcluir
  6. Eu o que preciso é un remedio para o catarro, teño un que colleume cariño, e non son quen de botallo fora....tos, flemas, congestion.....
    Xasabes. non son amigo das mediciñas, e iso que a muller e medico, pero na casa do ferreiro coitelo de pao.
    Unha aperta

    ResponderExcluir
  7. Para Ángel Utrera:
    Proba a facer (e tomar) unha infusión de tomiño e menta piperita (as veces que queiras ao día). Eu prefiro esta combinación, mais tamén pode ser tomiño só. Tómaa ben quentiña.
    Antes de tomala bótaslle unha pinga de limón e un pouquiño mel.

    Estas dúas plantas son moi favorables, pois son antisépticos, expectorantes e calmantes. Ademais, déixanche unha sensación de frescor moi agradable; mesmo aromatizan o ambiente.

    Quizais sexa cousa de preparar para o futuro un xardinciño de aromáticas...ao mellor nesa rocalla que tiñas en mente facer...ou nun recanto do xardín. Os tomiños préstanse moi ben para as rocallas por forma, coloración e gusto polos terreos máis ben secos. Existen moitas variedades de tomiño con cores distintas (glaucos, verdes, variegados de verde e amarelo e verde e branco). Hai un tomiño silvestre, un endemismo da península ibérica, o "thymus mastichina", moi axeitado para facer unha sebe informal de 40-50 cm...ou para calquera lugar do xardín; o seu cheiro é moi forte e a min gústame moito todo el.

    A menta non quere tanto sol, mellor media sombra, e non é tan lucida no xardín. O seu cheiro é forte e moi agradable. Ollo! Inza moito polas súas raíces e talos rastreiros que enraízan facilmente; se non queres que lle "escape" do espazo adxudicado, mellor pona en tarros metidos na terra.

    Sorte

    ResponderExcluir