As magnolias, as de folla caduca, están no tempo de abrir a súa flor e ben que o fan.
Flores en forma de tulipán a maioría, outras en forma de estrela.
No aire unha suave fragancia; no chan os pétalos caídos a adornar tamén.
Abride as portas, a primavera está a vir; deixádea entrar.
Hola Anton como estas.Veñoche a falar do arrecendario dende que ti xa non estas aqui o arrecendario esta un pouco mal pero agora os da miña clase mais eu organizamos o traballo e xa parece outro
ResponderExcluirUn fortisimo abrazo e un bico
Agradecido, Eva, por participar aquí e por facer teu (voso) o arrecendario. Nas vosas mans non correrá perigo e sempre quedará xeitoso. Ánimo!
ResponderExcluirUn biquiño xa vai polo aire camiño de volta.
moitas grazas
ResponderExcluirun bico