04/03/2010



A ameixeira de flor xa avisou.
A primavera está aí, vén de camiño; está xa chamando na porta.

O inverno que se prepare pois para marchar; ten os días contados e non nos vai dar pena que así sexa.


Algunhas arbustos e arbustos adiantan un pouco a súa particular primavera.
Así fan o prunus pissardii do que falaba; tamén diversas magnolias de flor que se adianta á folla (m. stellata, m. soulangeana...),
o marmeleiro xaponés, e outros máis.

O Aeonium arboreum atropurpurea (á dereita) non quixo faltar a esta nova festa. Unha base de planta arbórea con follas case negras (debe estar no solleiro) e flores douradas vistosas para este tempo.

2 comentários:

  1. Non me digas que esta planta tan espectacular é a de follas escuras e carnosas que puxeches a entrada do cole? pero debe estar un pouco triste , eu non lle vexo ningunha flor.represas

    ResponderExcluir
  2. Pois si é esa, a que ten as follas case negras, chocolate escuro, a que lle gustou a túa tía e a ti non.

    Á vosa poida que lle falte un pouco de cariño, non é? Hehehe

    Un bico primaveral

    ResponderExcluir