02/06/2010

Rotonda dos bídalos


A teima que algúns teñen de valorar pouco o propio e o intento da súa substitución polo de Castela non só afecta á lingua...á nosa, claro. Certo, na lingua é moi notorio, máis ca en calquera outro eido.

Os partidarios da terra queimada (a nosa terra) para aquí poñer o de fóra...aínda que sexa peor tamén se dá na denominación das nosas árbores e mesmo das rotondas por fin adornadas.

A Voz de Galicia, o buque insignia do feijoísmo, ese xornal que marca o arrecú no que estamos, tamén está a dar pasos neste sentido. Teño gardado dende hai ano unha noticia da inauguración das rotondas de Lalín, noticia creada nese xornal no seu 1º Ano Trunfal.(glorieta de los álamos)

Non ten desperdicio, os nosos bídalos (palabra que se utiliza na Terra do Deza) ou bidueiros, altos e de casca branca, transformados en vulgares álamos. Manda carallo!

Atila por aquí pasou.

Incultos ou de mala fe.

Pode xunguir tamén as dúas condicións, non é?


4 comentários:

  1. Eu son das de bidueiros.represas

    ResponderExcluir
  2. Moi boa foto.
    Que tal as vacacions?
    Son desi a que iba na tua clase.
    Contextame no meu blog.
    un bico

    ResponderExcluir
  3. grazas ^^

    e tamen grazas por pasarte polo meu blog un bico

    ResponderExcluir
  4. Preciosa rotonda, parecida a esta haina en Lalin, frente o eroski, o que pasa é que ten plastico nas veiras...
    Fidel.

    ResponderExcluir