26/07/2009
22/07/2009
Tromentelo
Tamén é coñecido como tormentelo e trementelo.
- Mozas dalá de alá darriba,
que se chama tromentelo.
Ao tocar as súas follas solta un forte arrecendo a tomiño.
Flor rosa (tamén lila ou branca). Florece de finais da primavera ao verán.
Propiedades: aromática, medicinal e condimentar.
Solo: areento e ben drenado
Exposición: soleada
Atrae insectos útiles.
16/07/2009
Villandry

Xardín amplo, de vexetais recortados e domesticados polas tesoiras, das cores, dos sentidos, da horta-xardín... Unha delicia!
Só unha pega vin eu, cando alí fun; o seu xardín de aromáticas non me gustou. Hahaha...paréceme que van ter que cursar visita ao Pena de Francia
30/06/2009
Feliz
23/06/2009
O manxerico en Portugal
| "Ó meu rico Sao Joao, eu gosto de ti assim:
e os amigos juntos de mim!!"
| A que ben cheira, pois entón,
|
É aí, a un paso.

16/06/2009
Endemismo no arrecendario
Ás veces as cousas xorden e veñen dadas. Así, sen querer.
O tomiño maior, ese que aparece acompañando a Gabriel, de 5º, na foto, é un endemismo ibérico, existente só en Portugal e España. Tamén en Galiza.
É verdade, temos un "Thymus mastichina".
Este veu da comarca do Sayago, no suroeste de Zamora. Unha terra con moito granito (este tomiño dáse mellor nos terreos silíceos ca nos calcarios) e con fermosos portóns tradicionais (alí tamén cada vez xa quedan menos).
13/06/2009
Festa da Rosa
Neste mes no que as herbas medran por todos os lados, Mos adica un día á rosa.
Rosas con formas bonitas e rosas co mellor arrecendo.
Ai, que pena! Cando queremos máis arrecendo temos que perder un pouco na forma.
Éche o que hai!
Esta noite en Ponteareas, Gondomar, O Porriño...toca traballar (en Bueu e Ares farano pola mañá).
Noites longas de dispoñer polo chan os mellores tapetes floridos. Follas e pétalos (os de rosa este ano andan escasos) conformando un cadro para un momento.
05/06/2009
Unha árbore para aquí deixar
mais aquí, chantada na terra, deixa para sempre a marca da nosa ausencia, que xamais será de todo.
temerosa das xeadas (as "neves" invernías ditas en Mos),
de fermosa e espectacular floración azul (ou azul violácea), en xuño.
Nós recitámoslle un poema moi axeitado para o momento.
Escoita (podes ler en alto):
Árbore,
cando eu marchar has aquí ti quedar.
Has de ver pasar outras xeracións.
Has de oír as cancións
De outros nenos, outras Primaveras.
A carón túa, meu fillo, hei de soñar
as miñas antigas, ilustres quimeras.
Árbore,
Cando eu marchar, has de falar
de min, que te plantei.
E, en cada ramallo novo que brotar,
Serás un xesto meu a perdurar:
- Por ti, de todo,
xamais marcharei …
Francisco Bugalho (adaptación miña )
04/06/2009
A 2ª enquisa dixo
En segundo lugar quedaron as mentas (sobre todo o poexo e a menta piperita).
Deseguido, e por esta orde, o tomiño alimonado, a lavanda, a nébeda, o pelargonio aromático,o tomiño, a melisa, o romeu, o fiúncho, incenso, ourego, tromentelo...
A aromática que menos votos recibiu foi a xarxa (a salvia), aínda que cómpre anotar que a santolina foi denostada por moitos dos visitantes que a quixeron mandar para o fondo do recinto escolar a acompañar a ruda, dado, para eles, o seu cheiro tamén desagradable.
26/05/2009
Aí vai a 2ª enquisa
A 1ª enquisa, aquela que preguntaba que gustaba máis do arrecendario deu o seguinte resultado:
Como está feito | 12 (33%) |
Observar e cheirar as plantas | 3 (8%) |
O camiño de pedras con rotondas | 16 (44%) |
Participar (marcar con serrín, coidar as plantas...) | 4 (11%) |
Enredar nel | 1 (2%) |
Agora imos facer outra enquisa sobre o noso arrecendo/planta do arrecendario preferidos.
Cal é o arrecendo preferido das nosas plantas aromáticas?
Pasamos docemente a man polas follas de cada unha de estas plantas e levamos ao nariz o arrecendo que nos deixou. Afinamos o noso olfacto. Así unha planta trala outra.
Non te esquenzas da ruda que está ao fondo de todo, pegada ao valado metálico.
Cheiradas todas, sempre hai unha que nos gusta máis; esa é a nosa preferida.
Miramos o seu nome e votamos por ela. Podémolo facer no blog, en comentarios; esta é a mellor opción para os que non sodes alumnos. Para os que aínda non o fixestes nunca: pinchamos en comentarios e escribimos na fiestriña que se abre ; a continuación, escollemos "Anónimo" e dámoslle a publicar comentario (queda ben indicar quen escribe). Por último, comprobamos que aparece publicado.
O alumnado debe votar na folla dada a cada grupo. Como non, tamén pode facer comentario (neste blog somos moi tolerantes).
22/05/2009
Xardíns que non parecen
19/05/2009
A ruda
As follas son pequenas, glaucas (verde grisáceo) e alternadas.
As flores son de coloración amarela.
É orixinaria da Europa mediterránea.
Ten un cheiro forte bastante desagradable. Por isto está colocada ao fondo, separada das outras aromáticas e pegada ao valado metálico
Foi moi utilizada no pasado ao longo da historia. Defendía e curaba o mal de ollo.
Era unha das herbas que se deixaban fóra na noite de San Xoán para logo lavarse con elas pola mañá.
Olliño! A ruda pode producir a algunha persoa alerxia na pel por contacto.
Propiedades: Medicinal. Axeitada para as menstruacións (infusión con unha culleradiña de ruda, máx. 2 veces ao día); tamén aumenta a resistencia dos capilares sanguíneos. As follas verdes ben machucadas utilízanse coma cataplasma para grans da pel (pónselle despois unha gasa por riba).
En menor medida é utilizada como condimentar e aromática.
O seu aroma é moi forte, mais resulta desagradable. Tamén é un bo repelente de insectos.
Na cociña pódese utilizar(en moi pequena cantidade) dando un toque entre picante y amargo (utilízase máis en Italia). Pódelle acaer ben ao vinagre ese amargor metendo un ramalliño de ruda na botella. Tamén se utiliza para licores caseiros. Solos: É moi resistente. Recoméndase solos un pouco alcalinos, ben drenados, permeables e secos, e ricos em materia orgánica.
Exposición: soleada
Poda: É recomendable no inverno, podendo ser intensa. Así colle mellor forma.
Reprodución: Prende ben por estaquiñas espichadas; tamén por sementes.
15/05/2009
14/05/2009
07/05/2009
Rosas no meu xardín
Benvidas de volta ao noso xardín rosas que cheirades a rosas!!
Si, conseguiuse que as rosas foran todas moi bonitas; mellorouse moito a súa forma, pero... perdeuse ese agradable cheiro a rosas que antes había!
Entre o olfacto e a vista, gañou claramente a vista.
Aquelas roseiras de variedades antigas, todas con moito arrecendo, outra vez interesan. Volve...por fin...cheirar a rosas!!
Outra novidade, esta realmente nova, é o uso dos pétalos soltos de rosa adornando algún plato de comida. Isto non o viran os nosos vellos, mais é a última das últimas.
03/05/2009
Reprodución... de plantas
Así de sinxelo, de este xeito tan fácil podemos reproducir moitas plantas e arbustos.
As plantas podémolas multiplicar de diversas maneiras.
O romeu soe reproducirse así como fixemos e prende ben. Veremos dentro de un mes. A ver se non me deixa quedar mal!
O incenso tamén se reproduce por espetos ou ponliñas metidas na terra e prende de marabilla.
O incenso é a mellor planta para ensinar esta técnica de reprodución vexetativa.
28/04/2009
xasmín
Non todos somos iguais e ante os arrecendos e perfumes esta diferenza tamén se reflicte.
As follas do xasmín non son aromáticas, pero si o son as súas flores, que arrecenden fortemente; acentúase ese perfume ao darse no xasmín unha apretada floración.
Hai xasmín branco e amarelo. Os xasmíns amarelos destacan no inverno e resultan moi interesante para un período do ano escaso de flor e de cor..
Dentro dos brancos e aromáticos nós temos dúas variedades:
O outro, o xasmín chinés (Jasminum polianthum), no xardín triangular, á beira do camiño de entrada. Os dous son difíciles de diferenciar, semellantes en folla e flor, tamén parecidos no arrecendo. A grande diferenza práctica témola no período de floración: abril-maio para o común e todo o ano para o chinés.
24/04/2009
Será, será...
As plantas non sempre as coñecemos ben.
Aínda ando a darlle voltas a un tomiño, será o tomentelo normal, Thymus vulgare ou será o Thymus mastichina, o que me parece máis probable.
Por iso, ademais do nome vulgar, hai un nome científico que debía valer para todas as linguas; grande avance, mais... non... non sempre hai coincidencia:
a herba luísa conta con dous nomes científicos, Lippia citriodora ou Aloysia tryphila.
Quen non está ao tanto de isto ten unha boa lea montada!
Romeu
Rosmarinus officinale
Acepta ben o recorte e a poda polo que é usado tamén para formar sebes.
É unha das plantas aromáticas máis melíferas; existen incluso meles específicos de romeu. É a planta aromática preferida das abellas.
Existe outra variedade rastreira, pouco amiga de medrar cara arriba e que colga máis do que sobe; medra cara aos lados e sempre ao rente do chan: o romeu postrado (Rosmarinus of. postratus). Fai talmente como aquí ves; a man de Laura acubíllao docemente coma se fose un tarro no que pode asentarse e
Este romeu rastreiro nos últimos tempos é bastante utilizado en xardinería.
No noso arrecendario está á beira do romeu común.
Propiedades: Aromático, medicinal e condimentar. As súas follas, tanto secas coma frescas, dan sabor ás carnes e guisos. As súas flores azuis tamén se poden comer e serven para adornar ensaladas.
Solo: Indiferente ao tipo de terreo, pero sempre ben drenado
Exposición: Sol
Reprodución: Por estaca (bota raíces facilmente)
09/04/2009
Rotonda

Ultimamente estannos enchendo as estradas de rotondas ou redondas; eliminan semáforos, reducen velocidade, distribúen o tráfico ... e adornan. Adornar...adornar... só o fan algunhas. Aquí o axardinamento aínda é escaso e nas redondas está a comezar.
En Francia, pola contra, van nisto ben por diante e algunha merecía un aparcamento ao lado para admirar. A ver quen é capaz de poñerlle unha pega á da foto! E aínda tiña máis elementos xeitosos.
A construción vexetal do medio da rotonda, parecido a un canastro ou hórreo noso, era un copia vexetal de unha edificación existente e emblemática para eles.
Esta monada está en Périgueux, capital do Périgord e ás beiras do río Dordoña.
Unha chulada!






